Mar busca alternativas para a producción de mexilla

BARBANZA> A Xunta de Galicia segue a apostar polo diálogo no conflito aberto entre bateeiros e percebeiros pola extracción da mexilla. A Consellería do Mar está a traballar na busca de alternativas á produción da cría de mexillón para garantir o seu subministro sen prexudicar ós mariscadores.

Dada a importancia estratéxica de ámbolos dous sectores na economía galega, a Consellería do Mar segue a tender pontes entre bateeiros e percebeiros. A delimitación das áreas para a recollida da mexilla que non prexudiquen ás zonas específicas de extracción do percebe é un dos obxectivos no que xa traballan algunhas asociacións de mexilloeiros.

Pola súa banda, dende Mar apostan tamén por explorar vías alternativas para o subministro de mexilla como a creación de criadorios ou o incremento das cordas colectoras nas bateas de interior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí