As Cíes, a gastronomía e o mar de Vigo en FITUR

VIGO> O mar de Vigo, a súa gastronomía e as Illas Cíes. Nestes tres puntos se centrou a presentación da cidade olívica no stand de Galicia en FITUR. O alcalde Abel Caballero aproveitou a ocasión para pedir de novo a declaración das illas como Patrimonio Medioambiental da Humanidade.

 

A xornalista María Díaz presentaba esta mañá no espazo expositivo de Galicia en Fitur o spot promocional Somos Mar. Un vídeo que co que Vigo se reafirma no seu pasado, presente e futuro mariñeiro e no que lembra a importancia deste sector na economía da zona e na vida das súas xentes.

A gastronomía non podía faltar na presentación que se fixo patente coa intervencións dos chefs do restaurante estrela Michelin Maruja Limón que loubaron as propiedades dun produto único que non hai que adornar e que sempre sabe mellor degustado na cidade.

As Illas Cíes, que conteñen a mellor praia do mundo segundo xornais como The Guardian e Daily Telegraph e unha biodiversidade extensa, centraron a exposición cunha recapitulación de varias das especies insignia deste enclave e a súa evolución co tempo.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, aproveitou a ocasión para reclamar a declaración das Illas como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.

Nun repaso por todos os atractivo que ofrece a cidade, Caballero, non perdeu a oportunidade para invitar a todos a coñecer Vigo e a visitalo a lo menos unha vez.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/21/turismo_vigo_fitur.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/21/turismo_vigo_fitur.mp4{/flowplayer}