O profesorado comeza o curso con mobilizacións contra o protocolo anticovid da Xunta

VILAGARCÍA> O curso escolar comeza con mobilizacións por parte da comunidade educativa en contra do protocolo da Xunta. Os sindicatos do profesorado reclaman á Xunta unha baixada nos ratios e a contratación de máis persoal. Na manifestación que tivo lugar en Vilagarcía acudiron máis de 70 persoas.

O protocolo anticovi da Xunta de Galicia non convence á comunidade educativa. O profesorado móstrase en contra das súas medidas e síntese abandonado pola consellería de educación. Para mostrar o seu malestar, dende os sindicatos do profesorado convocaron unha folga coincidindo co inicio do curso.

Dende os sindicatos reclaman unha baixada nos ratios de alumno por mestre, a contratación de máis profesores e que se garante a seguridade nos colexios. De feito, as novas medidas obrigaron a aumentar os servizos mínimos durante a folga.

Dende a CIG lamentan a falta de desbobres e a creación das aula burbulla.

Segundo os sindicatos, a situación será máis preocupante cando comece a educación secundaria. Por iso convocaron outra mobilización para o vindeiro día 16.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí