Ence seguirá en Pontevedra 60 anos máis

PONTEVEDRA> O Ministerio de Agricultura, mediante resolución da Dirección Xeral da Costa e o Mar, outorgou hoxe a prórroga da concesión de ocupación dos terreos en Lourizán ata o 2073. Dentro de 58 anos, 60 se contamos desde o oito de novembro do 2013, momento no que a pasteira solicitou esa prórroga. E concédena ademais por dez anos máis do prazo máximo previsto para este tipo de concesións, que é de cincuenta anos. Segundo alega a Directora xeral na Resolución, fano polo compromiso da compañía de executar unha serie de inversións por valor de 61 millóns de euros na factoría destinadas a mellorar a eficiencia da fábrica, a fiabilidade medioambiental, e que levarán aparelladas a creación de postos de traballo. A nova caeu xa como unha xerra de auga fría no concello de Pontevedra. O executivo de Miguel Ánxo Fernández insistiu en que seguirá loitando por que a pasteira saia da Ría de Pontevedra.