O Camiño dos Faros: a ruta da Costa da Morte

GALICIA> 6 xeodestinos turísticos leva a provincia de A Coruña a Fitur nesta trixésimo sexta edición. Un dos máis demandados a Costa da Morte, que se promove como un lugar privilexiado para os amantes da natureza e o deporte cunha ruta nacida fai dous anos e coñecida como O Camiño dos Faros.

 

Precisamente nesta xornada inaugural a Costa da Morte tivo un especial protagonismo. As 11 desta mañá dábase a coñecer por parte da Deputación da Coruña, O Camiño dos Faros, unha ruta de sendeirismo que une, pola costa, as localidades de Malpica de Bergantiños e Fisterra. 200 quilómetros ao borde do mar que recorren todos os faros e principais puntos de interese da Costa da Morte. Un entorno privilexiado monumental, natural e histórico que mantén a súa identidade sen masificacións turísticas. Así promovía esta mañá o deputado provincial de turismo a provincia de A Coruña e en especial a Costa da Morte.

Diversidade na oferta turística, beleza natural e bos servizos cos que pretenden crear riqueza e emprego. O Camiño dos Faros, unha ruta de sendeirismo única que xa percorreron máis de 11.300 persoas dende a súa creación, e que une a 9 concellos da provincia e a Deputación da Coruña, pretende converterse neste 2016 en sendeiro insignia dentro do estado e fóra das súas fronteiras.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/20/camino_faros.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/20/camino_faros.mp4{/flowplayer}