Luis Bará “o BNG non se vai a amedentrar, seguiremos denunciando as inxustizas”

Pontevedra> Dende o BNG denunciaron esta mañá a multa que lles chegou a 9 militantes do partido, trala protesta do pasado 30 de decembro coa inauguración do novo carril na Ponte de Rande. Luis Bará cree que se trata da resposta dun estado represor contra os dereitos dun pobo e as liberdades democráticas. Por esta razón levarán a pleno este feito, co fin de denunciar unha vez máis a lei mordaza.

O deputado nacionalista Luis Bará presentou hoxe en rolda de prensa as multas que percibiron 9 militantes do BNG por manifestarse, dixo, pacificamente, o pasado 30 de decembro no acto da inauguración do terceiro carril na Ponte de Rande. A multa é de 100 euros por persoa e o feito en cuestión foi que estes 9 militantes abriron unha pancarta en contra das peaxes galegas.

Un feito deleznable para os nacionalistas, un feito que deixa en cuestión a liberdade democrática.

Con estas medidas dende o BNG quixeron deixar claro que non se van a amedrenta, que non van a parar e que van a seguir denunciando os abusos e as inxustizas.

O BNG levará ao pleno no mes de abril, este feito,  co fin de pedir unha vez máis a derogación da lei mordaza.