Novos remolques para as agrupacións de Protección Civil de Boiro e Rianxo

    BARBANZA> O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do delegado da Xunta na Coruña, Diego Calvo, foi o encargado de entregar o novo equipamento para emerxencias. O conselleiro da Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, entregaba esta mañá en San Caetano ós concellos de Rianxo e Boiro dous novos remolques de emerxencias para uso das respectivas agrupacións de Protección Civil destas dúas localidades. O novo equipamento forma parte dun ambicioso plan de mellora dos medios materiais que permitirá mellorar a eficacia das actuacións na prevención de riscos e nas intervencións nas emerxencias. A achega foi posible grazas a unha resolución da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior dependente de Vicepresidencia, no marco da convocatoria para a adxudicación de equipamentos de emerxencias en réxime de concorrencia competitiva a concellos de menos de cincuenta mil habitantes con fondos do programa operativo Feder-Galicia 2007-20013.