Buscan a un mozo desaparecido en Ribeira

RIBEIRA> Trátase de Jorge González, un mozo da localidade de trinta e tres anos, que marchou da casa o pasado venres con destino a Ribadeo. O home, parapléxico, conducía un Volskwagen Golf adaptado. O venres e o sábado comunicouse coa súa familia para avisar que estaría de volta unas horas máis tarde. Non foi así, polo que os familiares, ó non lograr comunicarse con el, xa presentaron a correspondente denuncia na comisaría da Policía Nacional. A través das redes sociais tamén se está a realizar unha chamada, pedindo a máxima difusión da súa fotografía para ser localizado canto antes,  xa que necesita medicación con urxencia. Ante calquera pista sobre o seu paradoiro pode chamarse ó 062 ou ó 112.