Rianxo renova a tecnoloxía led o 65% do alumeado público

RIANXO> A actuación, que se desenvolve na súa maioría nas zonas rurais, é posible grazas a unha subvención do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, (o IDAE), do Ministerio de Transición Ecolóxica que ascende a máis de 700 mil euros.

Dende hai varios meses a empresa Imesapi, adxudicataria do proxecto, está a levar a cabo a renovación de aproximadamente o 65% do parque de luminarias existente en todo o ámbito municipal, con especial incidencia nas zonas rurais.

Segundo informou o alcalde, Adolfo Muíños, a actuación está xa na súa recta final. Foi posible grazas a unha subvención de máis de 700 mil euros do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, (o IDAE), do Ministerio de Transición Ecolóxica, e unha aportación municipal duns 200 mil.

A mellora permitirá rebaixar significativamente a potencia instalada e tamén o consumo, prevéndose un aforro de máis do 50% con respecto á factura que se pagaba ata o de agora.

Muíños incidiu ademais que o proxecto terá unha segunda fase. O Concello xa está a traballar na solicitude dunha nova axuda do IDAE para acometer o cambio de luminarias nas zonas aínda pendentes en todo o termo municipal.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí