ENCE planea o futuro sen medo aos recursos

PONTEVEDRA> ENCE xa planea o seu futuro en Lourizán. Esta mañá, o director do Centro de Operacións de Pontevedra compareceu arroupado por traballadores, empresarios, sindicalistas e veciños de Lourizán para celebrar a decisión do Goberno en funcións de prorrogar a súa concesión por 60 anos máis. A factoría non teme aos recursos que xa foron anunciados polos seus opositores, e anunciou que co seu traballo intentará convencer aos que desconfían deles.

ENCE planea o seu futuro cun novo panorama. A empresa poderá continuar en Lourizán ata o ano 2073 a cambio dun canon anual de máis de millón e medio de euros, e non temen os recursos xudiciais contra a prórroga que xa anunciaron os que se opoñen á súa continuidade na ría de Pontevedra.

A pasteira porá en marcha un plan de investimentos por valor de 61 millóns de euros. Eliminar os cheiros, instalar un novo ciclo da auga ou minimizar o impacto visual na ría, son algúns dos proxectos  que ten en marcha e non temen posibles trabas das administracións.

Segundo Casal, a intención é facer de Pontevedra unha comarca rica e con emprego de calidade, ademais de convertela no motor da industria forestal de Galicia. Tamén se comprometeu a traballar para convencer aos seus críticos.

O director do centro de operacións estivo arroupado por colectivos de Lourizán, traballadores, sindicalistas e asociacións de empresarios. Anunciou que esta semana comezarán a reunirse con outros actores da sociedade para manifestarlles o seu desexo de integración.

Sobre a planta de biomasa que vai construír o grupo, Casal asegurou que aínda non se decidiu o emprazamento, pero que Pontevedra sería o lugar idóneo para aproveitar sinerxias, dada a dispoñibilidade de biomasa forestal e agrícola. Matizou tamén que o apoio das administracións será fundamental na decisión da pasteira.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/27/ence_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/01xaneiro/27/ence_pontevedra.mp4{/flowplayer}