Ribadumia e Cambados loitarán por escapar do descenso

futbol250_301009.jpgSALNÉS> Esta xornada tanto Céltiga como Vilalonga xogan na casa. Os da Illa reciben ó Negreira mentres que os celestes recibirán a visita do penúltimo clasificado, o Vilalbés. Na Preferenet Sur, Ribadumia e Cambados enfróntanse na Senra nun derbi que presume moi igualado.

Un Negreira en plena recuperación mide a fortaleza do Céltiga como local. Os dous equipos chegan á cita empatados na xeral con 14 puntos. Os coruñeses semella que por fin comezan a collerle o pulso á competición tras un verán no que o seu plantel sufríu unha profunda remodelación. Os Capelo, Nacho, Caqui ou Peloto, que volverá á que fora a súa casa, comezan a compenetrarse mellor e a máquina de Julián Ferreiro xa funciona a pleno rendemento dende hai varias semanas, de feito, gañaron tres dos seus últimos catro partidos. No Céltiga son catro as xornadas sen perder, tres empates e unha victoria, e saben da importancia deste choque para seguir metendo distancia cos de abaixo e achegarse ó grupo de cabeza. Adrián, sancionado, é a única baixa confirmada no conxunto de Pablo Vázquez, mentres que Iago, Victor e Hugo Soto son dúbida.

En San Pedro, o Vilalonga busca a súa séptima xornada en positivo ante o penúltimo clasificado, o Vilalbés. Un rival ó que lle custa facer goles, de feito é o segundo que menos cada de toda a categoría, pero que ten nas súas filas con xogadores veteranos e con pasado en 2ªB. Gabi Leis xa pode contar para este choque con Manu, que despois dun mes volverá á convocatoria e incluso podería estar no once titular. Suso e Costas continúan lesionados e representan as únicas baixas para este encontro.

Mentres, na Preferente Sur vivirase outro derbi do Salnés. Ribadumia e Cambados loitarán na Senra por seguir escapando da zona baixa da xeral. Ambos farano coa moral renovada: os locais tras ter sumado catro puntos dos últimos seis posibles e deixando moi boa imaxe a semana pasada ante o Portonovo; o Cambados tras pasar por enriba do Covadonga por 5 -0.

O Arousa xógase boa parte do seu crédito ante un rival polo ascenso como o Barbadás. Ambos equipos camiñan empatados a puntos na xseral, son cuarto e quinto, e saben da importancia deste partido no aspecto moral. Os ourensáns so deixaron escapar na súa casa un empate e contan cun dos planteis máis fortes da categoría. Será por tanto un partido complicado para o que Ricardo recupera a Oliveira e Pascal.

O Portonovo terá unha saída similar. Tamén a Ourense e contra un candidato ó ascenso. O potente Arenteiro medirá o verdadeiro nivel dos de Baltar, que queren canto antes tirar cara arriba.

A xornada completarase coa visita do Sanxenxo ó campo do Nogueira de Ramuín, unha boa oportunidade dos de Calucho para sumar tres puntos ante o pechacancelas da categoría.

Redacción Salnés