Mar analiza a Lei de Acuicultura cos mariscadores de a pé

    SANTIAGO> Tralo anuncia da paralización da tramitación da lei de acuicultura, a Conselleira do Mar iniciou unha nova rolda de contactos cos sectores implicados. Este luns mantivo unha xuntanza cos mariscadores a pé, na que incidiu na súa aposta por un proxecto de acuicultura colectivo e social. Na xuntanza para analizar e consensuar o borrador da lei, a Conselleira do Mar volveu desmentir o presunto afán privatizador deste proxecto. Segundo Rosa Quintana non hai un só artigo que contemple a posibilidade de privatizar ou ceder o espazo de dominio público ás multinacionais. Pola contra, a titular de Mar explicou que o único obxectivo desta lei é establecer as normas do xogo claras para que os cidadáns poidan coñecer os requisitos para desenvolver un proxecto de acuicultura. Lembrou ademais que o anteproxecto non afronta ningún trámite lexislativo senón que se atopa a exposición pública polo que tratarán de corrixir aqueles artigos que están a xerar máis rexeitamento en colaboración co sector.