Valentín González Formoso inaugura a nova cuberta do parque infantil da Praza de Galicia

BOIRO> A actuación, cun custe duns 247 mil euros, foi financiada con cargo ós fondos do Plan Único da Deputación.

Acompañado do alcalde, José Ramón Romero, e demais autoridades locais, o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presidiu esta mañá o acto inaugural da nova cuberta instalada recentemente no parque infantil da Praza de Galicia. A actuación, cun orzamento duns 247 mil euros, foi realizada con cargo ó Plan Único da institución provincial

A estrutura da cuberta está formada por pórticos de madeira laminada e o peche da mesma en base de láminas de policarbonato celular. Conta tamén con iluminación solar fotovoltaica e foi executada coma unha aposta pola sustentabilidade e durabilidade da construción.

O alcalde, Xosé Ramón Romero, agradeceu o investimento realizado pola Deputación, na que se incluíron ademais outras actuacións como a reforma do acceso ó aparcamento municipal e un novos baños públicos a carón do parque infantil.

O presidente da Deputación da Coruña fixo alusión ó resultado da obra, da que destacou que se trata dun espazo perfectamente integrado na contorna da praza do Concello, para a que se empregaron ademais materiais sostibles dentro das liñas de economía circular.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí