O Claudio de Cabo de Cruz premia con cinco mil euros a unha clienta

    BOIRO> O supermercado Claudio de Cabo de Cruz volveu repartir sorte. Esta vez, un cheque de cinco mil euros que foi parar a María José Viturro, unha clienta habitual do establecemento xa que rexenta un bar situado xusto a carón do establecemento comercial. María José Viturro, agraciada no sorteo dos cinco mil euros desenvolvido polo grupo IFA, recollía esta mañá o cheque da man dos responsables do Claudio de Cabo de Cruz. A afortunada amosábase moi emocionada ó recibir este premio que supón un recoñecemento á fidelidade posto que se trata dunha clienta habitual. Estes cinco mil euros véñense sumar á longa lista de premios outorgados por este establecemento que nos últimos anos repartiu xa varios premios en metálico e un coche. Agardan que esta boa racha contribúa a fidelizar clientes e aumentar as vendas xa que a sorte semella estar do lado deste pequeno establecemento ubicado na estrada que vai de Boiro a Cabo de Cruz.