A moción de censura en Noia cuestión de horas

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/03/cambio_goberno_noia0302161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/03/cambio_goberno_noia030216.mp4{/flowplayer} NOIA> As negociacións entre o Partido Popular e a formación independente están moi avanzadas polo que non se descarta unha moción de censura nos próximos días. A marcha dos dous edís do Noia do actual executivo deixa moi debilitado e en minoría ó executivo socialista presidido por Miguel Paz que podería enfrontarse a unha moción de censura nos próximas días. A principios desta semana a executiva do NOIA mostrouse favorable ó inicio de conversacións co Partido Popular coa finalidade de constituír un novo goberno municipal. As negociacións entre NOIA e PP parecen xa moi encamiñadas e mesmo poderían frutificar nas próximas horas. Faltan por concretar cuestións referidas a posibles proxectos e investimentos que aparecen recollidos nos seus respectivos programas electorais, así como o futuro reparto das áreas de goberno. Polo de agora o Partido Socialista mantense á marxe, optando pola calada por resposta. A que si mostrou o seu posicionamento foi a a asemblea local do BNG que volveu a ratificarse na idea dun goberno de progreso forte e estable, propoñendo un goberno integrado PSOE, NOIA, Marea Cidadá e BNG. Algo pouco probable xa a estas alturas de xogo, cando os membros do NOIA decidiron abandonar a partida, e pasar a integrarse nun novo goberno municipal liderado polo PP. Cabe lembrar que o alcaldable popular Santiago Freire quedouse nos pasados comicios municipais a tan só un edil de obter a maioría absoluta. A posible moción de censura e o cambio de goberno xa está tamén na rúa. A opinión ó respecto do que acontecerá nas próximas horas é do máis variopinto. Hai quen se posiciona pola necesidade dun cambio pero tamén os hai que opinan que non levará a ningures.