O PSOE ‘rompe relacións’ co PP

PONTEVEDRA> O Partido Socialista da provincia de Pontevedra rompe relacións co Partido Popular. Así o anunciou o seu secretario xeral, Santos Héctor, en resposta aos comentarios do concelleiro de Moraña, Jorge Caldas, nos que se refería á presidenta provincial como “mala zorra y sinvergüenza” nas redes sociais. Os socialistas esixiron o cese do edil por estas palabras que consideran cargadas de violencia machista, e que levarán incluso á Fiscalía.

A polémica polo comentario nas redes sociais do edil de Moraña Jorge Caldas, no que se refería á presidenta provincial como “mala zorra y sinvergüenza”, acada o nivel provincial. Esta mañá, o secretario xeral do Partido Socialista de Pontevedra anunciaba a ruptura de relacións co PP.

 Os socialistas reclaman o cese do tenente de alcalde, así como a súa baixa do Partido Popular. Algo para o que apelan directamente ao presidente do partido en Galicia, Alberto Núñez Feijóo.

Santos Héctor tamén pediu a rectificación pública da alcaldesa de Moraña. Os socialistas aseguran que teñen unha captura de pantalla cun “gústame” da popular María Luisa Piñeiro ao comentario do seu tenente de alcalde.

A intención do Partido Socialista de Pontevedra tamén é tomar medidas xudiciais. Esta mañá o seu voceiro anunciou que denunciarán os insultos antes a Fiscalía.

Foron os edís do BNG de Moraña, Marcos Suárez e Eva Villaverde, os que fixeron a denuncia pública deste comentario, que Jorge Caldas publicou despois do pleno provincial do venres pasado. Unha sesión bronca que fora suspendida trala polémica levantaba pola falta de apoio económico ao rally Rías Baixas.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/03/insultos_morana_psoe.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/03/insultos_morana_psoe.mp4{/flowplayer}