A Xunta entrega vinte e tres lanchas de salvamento a Protección Civil

    PORTO DO SON> Porto do Son acolleu a entrega das embarcacións de salvamento ás agrupacións de Protección Civil das provincias da Coruña e Lugo. O vicepresidente da Xunta presidiu o acto no que se entregaron doce lanchas que se suman ás outras dez destinadas á provincia de Pontevedra. Doce novas lanchas de rescate pasarán a integrar os medios acuáticos de salvamento con que contan as agrupacións de Protección Civil nas provincias da Coruña e Lugo. O vicepresidente da Xunta fixo entrega do material nun acto celebrado en Porto do Son que contou coa asistencias dos alcaldes e voluntarios de Protección Civil de tódolos municipios. Estas embarcacións súmanse a outras dez destinadas ós grupos de emerxencia da provincia de Pontevedra. Alfonso Rueda ratificou o compromiso co traballo que realizan estas agrupacións dotándoos de tódolos medios e recursos ó alcance da administración en recoñecemento do inestimable labor que realizan os medios humanos que as integran.