O BNG de Ribeira pide unha nova xuntanza da mesa de peonalización

RIBEIRA> O BNG de Ribeira pide unha nova xuntanza da mesa de peonalización para abordar os problemas de tráfico e falta de aparcadoiros na vila.

Os nacionalistas cualifican de caos circulatorio a situación que se vive no centro de Ribeira. Demandan a urxente convocatoria da mesa de peonalización que non se reúne dende o pasado mes de abril para buscar solución ós problemas do tráfico e falla de aparcamento ou a ordenación das rúas peonís.

Lembran ademais que na última xuntanza, o goberno comprometeuse cos comerciantes a levar a cabo a humanización da rúa Rosalía de Castro dunha soa vez; algo que non se fixo.

Dende o BNG tamén valoran negativamente que Ribeira non conte cun plan de transporte público ou que o goberno non avance na remunicipalización do parkin do Centenario.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí