O PP denuncia a parálise do parque de maquinaria da Deputación

PONTEVEDRA> O futuro do parque de maquinaria da Deputación de Pontevedra preocupa a sindicatos e oposición. Esta mañá, deputados do Partido Popular desprazáronse ata as instalacións para ver a situación na que se atopa: custosas máquinas e traballadores parados durante toda a xornada. 

Para os populares, a parálise do parque de maquinaria é unha metáfora do que está a suceder na Deputación de Pontevedra.

Esta mañá, os deputados Ángel Moldes e Luis Aragunde visitaron as instalacións do parque de maquinaria provincial. Denuncian que dende agosto máquinas valoradas en máis de 5 millóns de euros e preto de 40 traballadores están parados. Non entenden que se malgasten os recursos propios.

Tampouco gusta esta situación aos sindicatos. Para o representante de Comisións Obreiras, esta é unha manobra do goberno para deixar morrer o parque de maquinaria.

Os deputados populares están dacordo co traslado do parque, tal e como solicitou nunha moción o representante de Marea, pero matizan que antes de realizalo terían que existir un proxecto, prazos e orzamento para construír as novas instalacións.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/02/parque_maquinaria_dipu.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/02/parque_maquinaria_dipu.mp4{/flowplayer}