Dúas festas en vivendas en Mourente rematan con 18 denuncias por incumprir as normas anticovid

PONTEVEDRA> A Policía Local de Pontevedra pechou a semana pasada tramitando 38 denuncias por incumprir protocolos covid. Delas, 18 foron en dúas vivendas particulares da parroquia de Mourente por festas entre non conviventes.

Dúas festas entre non conviventes noutras tantas vivendas particulares na parroquia pontevedresa de Mourente concentran a maioría das denuncias impostas a semana pasada pola Policía Local por incumprir as medidas anticovid.

Os axentes tramitaron aquí 17 denuncias por exceder o número de non conviventes permitido nunha reunión e unha a maiores a unha persoa que se negou a identificarse. Pola contra, non se rexistrou ningunha incidencia na hostalería.

Ademais, a semana pasada tramitáronse outras oito denuncias por non levar máscara e 12 por saltarse o toque de queda ás 11 da noite. En total, foron 38 os incumprimentos denunciados pola Policía Local, 33 entre o venres e o domingo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí