I+D+I para mellorar a calidade da semente do bivalvo

    NOIA/BARBANZA> O grupo parlamentario popular presentou unha inciativa coa que buscan proporcionar ós mariscadores unha cría máis resistente ós parásitos e depredadores. A través dunha iniciativa rexistrada no Parlamento, o Partido Popular pretende afianzar os traballos de investigación dirixidos a conseguir semente de bivalvos máis resistentes e menos vulnerables a posibles pragas, parásitos e depredadores. O portavoz parlamentario dos populares, Xosé Manuel Balseiro, sinalou que o obxectivo que se busca con esta medida non é máis que garantir a dispoñibilidade de semente, en cantidade e calidade, para que poida ser aproveitada polo sector. Balseiro aproveitou tamén a ocasión para falar da lei de Acuicultura. Segundo el existe un compromiso da Xunta de introducir cambios e de non aprobala se non se acada un consenso entre tódalas partes afectadas. Ademais acusou os grupos da oposición de estar a desinformar ó sector.