A comarca do Barbanza beneficiarase duns 400 mil euros do Fondo de Compensación Ambiental

PORTO DO SON> Esta mañá a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, achegáronse ata Porto do Son para dar a coñecer tódolos proxectos que se realizarán con cargo a este Plan, co que a Xunta reenvirte nos concellos parte do canon que se cobra polos parques eólicos.

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, e o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, presentaron esta mañá en Porto do Son os proxectos dos que poderán beneficiarse aqueles concellos que dispoñan no seu territorio de parques eólicos. A Xunta destinará a toda Galicia uns once millóns de euros, dos que aproximadamente uns tres millóns serán para os municipios da provincia.

Dese total á comarca do Barbanza corresponderanlle ó redor duns 400 mil. Entre as actuación a realizar destacan a creación de ecopuntos de recollida selectiva de residuos nas novas áreas recreativas de Boiro, a compra dun vehículo destinado a labores medioambientais en Rianxo ou a mellora do saneamento da Figueira en lousame e da Ameixida en Ribeira, entre outros.

Unha das partidas máis elevadas destinarase a Porto do Son, cunha actuación de mellora de abastecemento de auga cun invetsimento duns 80 mil euros, dándolle continuidade á xa realizada o pasado ano.

Entre outras cuestión estas axudas van destinadas a financiar iniciativas orientadas a conservación da biodiversidadee e ó reequilibrio territorial.