Manuel Ruíz defende a súa xestión económica tralas críticas do actual goberno de Ribeira

RIBEIRA> O ex alcalde de Ribeira e actual senador popular, Manuel Ruíz, compareceu publicamente para saír ó paso das acusacións do actual executivo ó respecto da herdanza envelenada que lle deixaron os seus antecesores. O ex rexedor aclarou que deixou presupostados investimentos por valor de 21 millóns e que a débeda roldaba os 11’5 millóns.

Transcorridos os primeiros cen días de goberno, o ex alcalde de Ribeira quixo saír ó paso das acusacións do actual executivo defendendo a súa xestión en materia económica. Manuel Ruíz explicou que o seu goberno deixou consignadas partidas por valor de 21 millóns para executar tódalas obras prevista en Ribeira ata finais de 2025. destacou os preto de 10 millóns das obras incluídas nos Fondos Next Generation, os 4 millóns da EDUSI,  os dous millóns e medio de euros para o polígono ou as obras do POS 2023.

O ex alcalde e actual senador quixo deterse tamén nas cifras de débeda aclarando que no momento da súa marcha era de 11’5 millóns e medio, contía que a día de hoxe incrementouse xa ata os 13 millóns.