O entroido tomará as rúas da Pobra esta fin de semana

    POBRA> A Pobra prepárase para unha fin de semana chea de actividades enmarcadas na programación de entroido deseñada dende o concello. Como vén sendo habitual nas últimas edicións os cativos serán os principais protagonistas. Este sábado arrancará o entroido na Pobra coa charanga ‘Os celtas’ que percorrerá as rúas a partir das nove da noite. xa na xornada de domingo os nenos tomarán o protagonismo cunha festa de entroido no pavillón de Venecia a partir das cinco e media da tarde, con actuación de Duende Sico e Fotomatón, e o pallaso Peter. Esse día haberá tamén concurso de disfraces para nenos de ata catorce anos con importantes premios en vales de compra para os cinco mellores. As actividades de entroido continuarán o martes ás cinco e media da tarde co tradicional desfile de carrozas. A comitiva sairá dende A Covecha e percorrerá as principais rúas do concello ata rematar na rúa Castelao onde se celebrará o concurso. Os organizadores entregarán cinco premios as mellores carrozas dotados cun máximo de mil euros euros. Tamén se gratificará os grupos, as parella e individuais cos atuendos máis orixinais. No desfile participarán as comparsas ‘Samieira’, ‘Cor Café’ e ‘Os da Caña’. O punto e final ó entroido pobrense terá lugar o sábado 13 de febreiro co enterro do Felipe recuperándose unha antiga tradición organizada polos veciños da parroquia do Xobre. A saída do Felipe terá lugar ás seis da tarde dende a zona do Maño.