Caldas, Barro e Portas impulsan conxuntamente unha nova ruta de sendeirismo

CALDAS> Caldas, Portas e Barro únense para impulsar unha nova ruta de sendeirismo conxunta. O percorrido discorre por algúns dos puntos naturais máis emblemáticos de cada concello. O proxecto conta co apoio da Deputación, que se vai encargar do financiamento da sinalización de todo itinerario.

Son preto de 18 quilómetros de percorrido por algúns dos espazos naturais máis senlleiros de Caldas, Portas e Barro. O itinerario ten unha dificultade media-baixa e transcorre só por camiños sen asfaltar. O percorrido discorre por varios dos emblemáticos da zona, como a fervenza de Segade ou a Fábrica da Luz. O itinerario tamén pon en valor un elemento un dos elementos etnográficos máis representativos da provincia, os campaneiros de Caldas.

A ruta goza de dúas modalidades: unha liñal e outra circular, a través dun enlace co Camiño portugués. Para os tres rexedores, é unha moi boa fórmula para poñer en valor tódolos recursos dos que dispoñen os municipios e serve, ademais, para garanti-lo mantemento e conservación dos espazos naturais.

 

A Deputación vaise encargar de instalar por todo o itinerario unha completa sinalización para os excursionistas. Se todo vai segundo o previsto, o proxecto vai estar rematado nun par de meses.