Cruz Vermella promove dous cursos de primeiros auxilios

    BARBANZA/NOIA> Os cursos desenvolveranse en Boiro e Noia e darán comezo este mes de febreiro, os días 19 e 20. A través destes dous cursos de primeiros auxilios, Cruz Vermella pretende que os asistentes poidan adquirir todo tipo de nocións básicas para poder actuar de xeito correcto en caso de emerxencia. Trátase de dous cursos básicos de corenta horas nos que os asistentes aprenderán, entre outros aspectos, a tratar hemorraxias, feridas ou contusións, O seu custe será de 120 euros, cun 10% de desconto para estudantes, socios e voluntarios e dun 20% para persoas que leven máis de tres meses desempregadas. Tódolos participantes ó finalizar o curso recibirán un diploma acreditativo oficial. As inscricións xa poden realizarse a través das propias Asembleas de Cruz Vermella en Noia e Boiro ou nos teléfonos 981 82 54 05 e 981 84 48 04.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí