Mañá comeza o xuízo polo crime de Lupe Jiménez

PONTEVEDRA> Mañá celébrase na Audiencia de Pontevedra o xuízo pola morte de María Luisa Jiménez Jiménez, Lupe. No banco dos acusados, o seu marido durante 24 anos, José Luis Cortiñas Romero. O crime, cometido o 23 de febreiro do 2014, causou unha fonda conmoción na sociedade, e en particular na comunidade xitana, á que pertencían vítima e presunto asasino. Segundo o escrito da acusación, ese día o acusado viaxaba coa súa esposa nun vehículo pola estrada da Coruña, cando de súpeto detivo a circulación nun monte próximo a Santiago. Alí sacou unha navalla e acoitelou á muller ata 16 veces. A vítima estaba embarazada de cinco meses, circunstancia coñecida polo suposto agresor, polo que o Ministerio Público solicita para el vinte anos de prisión polo delito de asasinato coa agravante de parentesco, en concurso ideal cun delito aborto, ademais da inhabilitación especial para o exercicio da patria potestade durante o tempo da condena. Tiñan seis fillos no momento dos feitos. O Fiscal pide que o acusado indemnice ó maior de idade con dezanove mil euros, e ós cinco menores con case corenta e oito mil euros a cada un.