Pontevedra vístese de vermello para a preestrea de “La sombra de la ley”

Pontevedra> Pontevedra luciu as súas mellores galas para acoller a preestrea de La Sombra de Ley. Unha cita que tivo lugar na pasada noite no Teatro Principal e á que non faltaron nin o seu director, Dani de la Torre, nin os seus protagonistas, Luís Tosar e Michelle Jenner. A alfombra vermella e o photocall foron algúns dos momentos máis agardados pola cidadanía que se achegou ao Teatro a coñecer e vivir de primeira man o ambiente dunha preestrea.

Pontevedra luciu as súas mellores galas para acoller a preestrea de La Sombra de la Ley.  A segunda longametraxe de Dani de la Torre e onde se rodou, parte da película na Boa Vila. Na pasada noite foi unha xornada de etiqueta vermella na cidade do Lérez. Unha xornada onde os protagonistas deste triller fixeron a súa aparición en coches de época esperando moita expectación entre os asisntentes. Luís Tosar amosouse encantado de poder rodar na súa Galicia natal.

E Michelle Jenner tamén se amosou encantada coa cidade, co reparto e como non co director.

Unha preestrea que contou co tradicional paseo pola alfombra vermella, photocall e como non coa proxección desta película que nos leva a España do 1921 centrada na época dos gansters e dos negocios ilegais, un triller do que poderán desfrutar na gran pantalla a nivel nacional a partir do 11 de outubro.