PONTEVEDRA> O Partido Socialista quere abrir en Pontevedra o debate sobre a vivenda de uso turístico. A formación reclama ao concello que free o seu aumento, creando unha relación que favoreza o alugueiro residencial. Deste xeito, apostan por que a vila siga o camiño que xa iniciaron outras cidades galegas, como A Coruña ou Santiago.
O Partido Socialista alerta da proliferación de pisos turísticos en Pontevedra. A formación quere abrir o debate na cidade e reclama ao concello que free o seu aumento.
Con este obxectivo, a formación levará ao vindeiro pleno unha moción demandando ao goberno local que siga o camiño xa iniciado por cidades como A Coruña ou Santiago, para que as vivendas turísticas sexan declaradas de uso terciario. Reclaman ao executivo que elabore unha ordenanza para regular esta actividade.
Os socialistas tamén piden a creación dunha mesa de traballo na que estean representados todos os actores implicados. O obxectivo, apunta Puentes, é modificar o PXOM e o Peprica da Zona Vella.
Segundo o PSOE, Pontevedra conta na actualidade con 486 aloxamentos turísticos, dos cales 440 serían pisos turísticos. A formación alerta da existencia dun gran número destas vivendas sen regularizar, polo que reclama á Xunta e ao concello que realice unha inspección no sector.