RIBEIRA> Será o próximo sete de marzo conmemorando o Día Internacional da Muller Traballadora. Se en anos anteriores o departamento de Servizos Sociais homenaxeou no Día Internacional da Muller Traballadora a outros colectivos como é o caso das amas de casa, as mestras, ou as perruqueiras, este ano decidiron dedicarllo ás peixeiras, unha profesión moi vinculada dende sempre ó municipio. O acto que foi presentado esta mañá no concello desenvolverase o luns sete de marzo. Aproveitaron tamén o acto para dar a coñecer a estrea da curtametraxe “Un conto Disney” que terá lugar este venres, ás oito da noite no auditorio municipal. trátase dun traballo audiovisual que xira ó redor da igualdade e a violencia de xénero no que participaron un total de 20 alumnos de entre 14 e 16 anos de varios institutos da localidade.
Inicio Barbanza - Muros - Noia