O orzamento da Deputación da Coruña para 2023 ascenderá a 207’2 millóns de euros

BARBANZA> O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, presentou o orzamento do organismo provincial para o vindeiro ano 2023. A súa contía ascende a uns 207’2 millóns de euros, o que supón un 9,4% máis que a do último exercicio.

Aproveitou a súa intervención para facer balance tamén do conseguido nestes anos á fronte do goberno provincial, nun contexto socioeconómico, segundo el, do máis complexo das últimas décadas marcado pola pandemia e as consecuencias inflacionistas da guerra de Ucraína.

Entre os seu logros estes anos destacou a forte aposta pola creación de emprego e a axuda a pequena e mediana empresa da provincia, sen esquecer tampouco as políticas sociais.

Este próximo venres serán sometidos á súa aprobación por parte dos membros da corporación provincial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí