A desestacionalización e o turismo cultural, as apostas do sector e de Ravella para o futuro

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/15/reunion_sectores_economicos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/15/reunion_sectores_economicos.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía mantivo esta mañá o prometido encontro cos representantes dos sectores económicos relacionados co turismo. Comerciantes, hostaleiros, praceiros ou taxistas sentaron con Alberto Varela para intercambiar inquedanzas sobre o plantexamento turístico. Tamén para poñerse obxectivos, como a desestacionalización, a aposta por outro tipo de turista ou a creación dun padroado para canalizar as políticas neste eido.

Boas sensacións e unha listaxe de obxectivos son o resultado do primeiro encontro entre os sectores vilagarciáns relacionados co turismo e o novo goberno local. Para o alcalde a reunión foi moi produtiva, con consenso en moitos aspectos que poden marcar o turismo da vila.

Estas opcións máis esquecidas ata o de agora son o turismo cultural e medioambiental que precisarían, ademais, da formación dos propios hostaleiros e comerciantes. Algo no que os sectores conseguiron o compromiso do concello.

Para canalizar todas estas actuacións, o concello e os sectores apostan por un obxectivo máis ambicioso: a posta en marcha dun padroado, un consorcio ou calquera outra fórmula xurídica que se encargue da xestión do turismo local. Os participantes recibirán un estudo realizado pola FEMP para comparar os distintos modelos.

Por iso xa se citaron para repetir este encontro a principios do mes de setembro. Ata entón, Varela asegurou que a interlocución cos asistentes á reunión de hoxe será continua, xa que todos están inmersos nos preparativos das Festas de San Roque do mes de agosto.