Cooperativismo: “Hortumia”

Hortumia con máis de 14 anos de experiencia no sector ten agora mesmo uns 40 socios dos que só 25 están en activo despois de varias xubilacións. Sumando aos entre 200 e 300 colaboradores externos obteñen a capacidade necesaria para subministrar ao mercado.

 

Os posibles novos socios de Hortumia deben saber que teñen que ter unha extensión mínima de terreo e comprometerse a aportar á sociedade o produto que se lle planifique. Para aceptar ou non a incorporación de novos socios é finalmente a asemblea xeral a que o aproba.

Para a muller de Gonzalo, unha das socias, a comodidade de tratar unicamente coa cooperativa fixo que nunca pensaran noutra maneira de sacar adiante a súa producción.

En Hortumia os socios poden dispór de diferentes servizos que lle axudarán a sacar un maior rendemento a súa explotación.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/24/hortumia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/24/hortumia.mp4{/flowplayer}