Veciños do Corrillo denuncian os riscos de instalar depósitos de gas na zona

BOIRO> A plataforma veciñal en contra da planta de gas de Boiro volve insistir na perigosidade de instalar os depósitos na zona do Corrillo. Alertan do risco que supón este emprazamento. Son moitos os motivos polos que os veciños do Corrillo se opoñen á instalación dos depósitos de gas nesta parcela. Os principais refírense ós riscos relacionados coa seguridade. Lembran que se trata dunha zona de ocio nocturno onde se rexistran pelexas e actos vandálicos con frecuencia. Outra das razóns aducidas polo colectivo refírese á existencia de varios pasos de servidume na parcela. De chegar a instalarse os depósitos, son moitas as fincas que quedarían sen servizo. Tras presentar alegacións tanto na Xunta como no concello, os veciños agardan que as administracións teñan en conta os seus argumentos á hora de autorizar este tipo de instalación.