Suspender licenzas para frear Megasa

    VILAGARCÍA> O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, levará mañá a pleno pola vía de urxencia unha moción na que proporá a suspensión potestativa da concesión de licencias para superficies comerciais. O goberno de Vilagarcía aférrase a esta ferramenta como recurso para paralizar o proxecto de instalación dunha macroárea na antiga parcela de Megasa, aínda que o disfraza como aposta por un modelo de cidade que aposte polo comercio de proximidade e xente nas rúas.

     

     

    Paralizar a instalación de calquera superficie comercial ata que Vilagarcía aprobe definitivamente o seu PXOM. Esta é a finalidade que persegue a moción que mañá levarán ó pleno os socialistas. Un recurso que empregan, segundo o alcalde, para poder artellar o seu modelo de cidade

     

    Pero que en realidade supón un último intento por paralizar a instalación dun centro comercial na antiga parcela de Megasa.

     

    Segundo Alberto Varela, a medida está respaldada pola Lei do Solo de Galicia, que dá ós concellos esa potestade de suspender licenzas para superficies comerciais durante un ano, cando se dean situacións que non encaixen no plan xeral. De aprobar o pleno esta moción, Vilagarcía tería doce meses para aprobar inicialmente o Plan Xeral, e que así a suspensión se poida prorrogar outros dous anos. No fondo trátase de ampliar o prazo para poder aprobar o plan xeral evitando que antes calquera centro comercial se poida levantar na cidade.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/24/PARALIZACION_LICENCIAS_VILLA.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/24/PARALIZACION_LICENCIAS_VILLA.mp4{/flowplayer}