PONTECESURES> Un grupo de veciños de Pontecesures únese para que a primeira lamprea capturada da tempada quede no propio concello. Nin os máis maiores do lugar lembran cando foi a última vez que isto aconteceu. Para o alcalde é unha boa maneira de reivindicar a importancia para Pontecesures da lamprea e os seus mariñeiros.
Por primeira vez en moitos anos, a primeira lamprea capturada na tempada de pesca no Río Ulla quedará en Pontecesures. Nin os máis vellos do lugar lembran a última vez que isto aconteceu, xa que a peza é moi demandan por grandes restaurantes dos concellos da contorna. Para que isto acontecese foi necesaria a colaboración dun grupo de veciños, cos que tamén participou o propio alcalde.
A idea xurdiu nun grupo de facebook como unha maneira de reivindicar a importancia para Pontecesures da Lamprea e dos seus mariñeiros.
O mariñeiro que pescou a primeira lamprea foi Ramón Agrasar. Un habitual nesta fazaña xa que o leva facendo en tres dos últimos catro anos. O cesureño mostrou a súa ledicia porque a primeira peza quedara na vila.
A peza vendeuse por 180 euros, o mariñeiro escolleu a oferta dos seus veciños antes que a de outros restaurantes.
A veciña que propuxo esta idea foi Maria José Lorenzo. Tras a súa compra, os veciños a degustaron no bar Mambis.
A tempada da lamprea continuará aberta ata o vindeiro 15 de abril. Na súa pesca participan 16 embarcacións.
Sacarlle kilos a lamprea que con 180 o que Non saiba vai pensar que é un atún de almadraba. Por outra banda, si vos referides a 180 euros a peza, creo que esaxerades rato longo. No Miño alcanza a Primeira a 60 euros.
Boas! Foron 180 euros a peza, información dos veciños de Pontecesures. Grazas pola correción.