A xunta investirá máis de 73 mil euros na mellora de viais en Lousame

    LOUSAME> A Xunta, a través da consellería de Infraestruturas e Vivenda, investirá máis de setenta e tres mil euros na mellora do vial de servizo do corredor Brión-Noia, ó seu paso por Lousame. Segundo indicou a propia alcaldesa, Teresa Villaverde, as obras serán acometidas en canto a climatoloxía sexa favorable co fin de que se dean as mínimas garantías de durabilidade. En concreto a actuación incluirá o acondicionamento de dous tramos que están en moi mal estado de conservación nas proximidades da zona do Madeiro, na parroquia de San Xusto de Toxosoutos.