A POBRA> Congalsa acolleu esta mañá unha das xornadas da empresa Mentoring que promove a Dirección Xeral de Xuventude. Nesta cuarta edición participan ó redor de 150 mozos que reciben formación e orientación laboral tras rematar os seus estudos.
A directora Xeral de Xunventude visitou ós mozos que participan no programa Mentoring que promove a Xunta de Galicia para favorecer o acceso ó emprego tras rematar os estudos. Fíxoo en Congalsa, unha das empresas que leva participando no proxecto, dende que se puxo en marcha hai catro anos. Nesta cuarta edición participan ó redor de 150 mozos galegos en entre 18 e 30 anos.
A iniciativa conta con gran éxito non só de participación senón tamén de inserción laboral posto que ó longo destes 4 anos, preto do 50 por cento dos participantes ten accedido a un posto de traballo.
Como complemento programa, a Xunta puxo en marcha o pasado ano o programa Xuventude Mentoring na Empresa no que a formación se complementa coa a realización de prácticas en empresas.









