PORTO DO SON> Á espera dos resultados das investigacións que arroxen luz sobre a morte da parella de Xuño que apareceu no seu domicilio hai algo máis dunha semana, ninguén reclamou o cadáver do home. Pedro Pena Paz, de cincuenta anos, será soterrado en Porto do Son e o concello asumirá os gastos do enterro. Polo momento, continúan as pesquisas para confirmar se o suceso respondeu a un novo caso de violencia de xénero. As autopsias revelan que a muller, Rosa Rego, morreu a causa dun traumatismo na cabeza e a súa parella por mor dos numerosos medicamentos que inxeriu, probablemente de forma voluntaria. O home tiña antecedentes por violencia.
Inicio Barbanza - Muros - Noia