A autoridade laboral rexeita o Erte por causa maior de Coinba pero a empresa continúa sen actividade

VILAGARCIA> A consellería de traballo anula o erte por forza maior convocado por Coinba. A autoridade laboral dá a razón á CIG na súa reclamación de que o expediente de regulación de emprego debería ser negociado entre as partes. Aínda así dende o sindicato teñen medo de que a empresa estea aproveitando as obras da fábrica para rematar a súa actividade cun peche patronal.

A autoridade laboral rexeitou o Erte por causa maior iniciado de forma unilateral pola empresa Coinba. A consellería de traballo dá a razón á Cig e sinala que o expediente de regulación temporal de emprego debería ser negociado por todas as partes garantindo a continuidade da actividade da fábrica. Unha actividade que dende o sindicato temen, xa que a empresa aínda continúa coas obras.

Unha vez que o Erte non foi autorizado, a empresa tivo que reincorporar ao persoal indefinido, a metade dos 18 traballadores. A CIG denuncia que a empresa contratou a unha empresa externa para realizar uns traballos que poderían estar facendo os empregados afectados polo Erte.

A empresa pagou aos traballadores os salarios pendentes pero aínda non se reuniu con eles para negociar o Erte. A Cig solicita unha xuntanza coa dirección da fábrica e informa á inspección de traballo que aos empregados non se lles encarga ningunha tarefa.

O sindicato ten medo que detrás deste retraso das obra haxa un peche patronal.

Segundo o sindicato, un dos motivos que da a empresa para explicar o retraso das obras é a falta dunha licenza municipal. Un motivo dos que a CIG dubida e polo cal solicitou unha reunión coa alcaldía de Vilagarcía para coñecer a realidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí