Muros establece o galego como lingua preferente na administración

    MUROS> O concello de Muros establece o galego como lingua preferente na administración local. O pleno aprobou, cos votos a favor de Compromiso por Galicia e o BNG, e as abstencións do PP e PSOE, un regulamento para a promoción e normalización do galego sen excluír o castelán. Deste xeito recupérase unha práctica que se veu aplicando entre o ano 2001 e o 2013 cando o anterior goberno municipal rachou co consenso logrado pola corporación. Ademais de recuperar o texto de 2001, o regulamento incorpora os últimos cambios normativos en materia de normalización lingüística e toponimia.