PORTO DO SON> A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade agarda rematar a mediados de febreiro as obras de reforzo do firme na estrada AC-550 entre os concellos de Noia, Porto do Son e Ribeira. A Conselleira supervisou esta mañá o estado dos traballos, xa executados nun 95 por cento.
O investimento de 2’7 millóns de euros realizado pola Xunta de Galicia na estrada AC-550 suporá unha importante mellora das comunicacións entre os concellos de Ribeira, Porto do Son e Noia así como un reforzo da seguridade posto que o pavimento da vía se atopaba moi deteriorado.
Ademais do reforzo do firme e da sinalización ó longo de todo o traxecto, habilitarase un cambio de sentido no miradoiro de Fonforrón e un carril central de espera no punto quilométrico 92.
A actuación xa está executada nun 95 por cento e a Xunta agarda dála por concluída a mediados do próximo mes.