BARBANZA> A Mancomunidade Barbanza-Arousa presentou por segunda no consecutivo en Fitur o ‘Camiño do Barbanza. A Orixe’. A entidade supramunicipal xa conta co recoñecemento oficial deste Camiño por parte da Igrexa.
Por segundo ano consecutivo, a Mancomunidade Barbanza-Arousa leva a Fitur o vídeo do ‘Camiño de Santiago. A Orixe’, unha vez conseguida a súa oficialización por parte da Igrexa.
Dáse a circunstancia que xunto coa Ruta de Mar da Arousa- Ulla son as únicas nas que se pode obter a Compostela, na primeira por terra e na segunda por vía marítima.