O Ministro de Xustiza visita a Audiencia provincial

PONTEVEDRA> O Ministro de Xustiza en funcións, Rafael Catalá, visitaba esta mañá a Audiencia Provincial de Pontevedra. Alí o ministro quixo reunirse con todos os operadores xurídicos da provincia para repasar con eles as reformas aplicadas nos últimos meses.

As dez da mañá o ministro de xustiza en funcións xa se paseaba polas instalacións da Audiencia Provincial de Pontevedra para coñecer de primeira man o estado da institución na que mantivo unha reunión cos operadores xurídicos da provincia (xuíces, avogados, fiscais e procuradores) para repasar con eles as distintas reformas que se viñeron aplicando nos últimos meses en tema de xustiza.

Rafael catalá analizou con eles a lei de enxuizamento civil e criminal e todo o que afecta a implantación das novas tecnoloxías como o proxecto “Lexnet”. En relación a isto o ministro quixo coñecer a opinión dos traballadores para tratar de mellorar os fallos que xera nalgunhas ocasións este sistema.

O ministro foi acompañado en todo momento polo presidente da Audiencia, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ou o fiscal superior de Galicia. Posteriormente mantivo outro encontro de carácter privado coa xunta de goberno do Colexio de Avogados de Pontevedra.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/29/ministro_xustiza_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/02febreiro/29/ministro_xustiza_pontevedra.mp4{/flowplayer}