Boicotean o pleno da Deputación

PONTEVEDRA> Novo pleno fallido na Deputación de Pontevedra. Os traballadores do Parque de Maquinaria boicotearon o transcurso do mesmo con cánticos que non permitiron intervir aos voceiros dos grupos ata o punto de ter que realizar o pleno a porta pechada. Populares e grupo de goberno acúsanse mutuamente de ser os causantes desta situación.

 

Medio centenar de funcionarios do Parque de Maquinaria co delegado sindical de Comisións Obreiras e o Secretario Comarcal boicotearon o Pleno da Deputación de Pontevedra que non puido desenvolverse con normalidade a causa dos seus berros.

Ao inicio da sesión a Presidenta quixo expresar en nome do grupo de goberno o seu apoio e solidarizade ao deputado Uxío Benítez e ao vicepresidente César Mosquera despois das ameazas recibidas nos últimos días.

Xa nese momento o pleno se prevía bronco cando a voceira popular Nidia Arévalo pedía a palabra para condenar igualmente estes feitos e a presidenta lle retiraba a palabra.

Entre os primeiros puntos do día estaba a moción dos populares para instar ao diálogo cos traballadores do parque, unha moción na que aproveitaron para pedir ao vicepresidente que retirara as declaracións nas que os chamaba mafiosos e nas que Mosquera se reafirmou producíndose un dos primeiros parón do pleno por causa dos berros dos funcionarios.

Para Mosquera non é lóxico que se diga dende o PP que os traballadores estean parados e estes sigan pasando dietas, desprazamentos e pernoitas, momento no que os traballadores con García Pedrosa a cabeza volveron interromper o pleno con berros de ditador e fascista.

A moción foi denegada ante a oposición de BNG e PSOE e foi a partir dese momento cando os traballadores do pleno impediron continuar co transcurso do mesmo berrando por encima das palabras do voceiro popular que non puido defender a seguinte moción. Tras un receso de 20 minutos no que non cesaron os cánticos a presidenta decidiu resolver o pleno a porta pechada coa negativa dos populares de moverse do salón principal.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/27/pleno_pontevedra_27_may_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/27/pleno_pontevedra_27_may.mp4{/flowplayer}