O Concello segue a ofrecer parcelas para a construcción de vivenda pública

Pontevedra> O Concello de Pontevedra resposta ó director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, que responsabilizou ó goberno local da falta de vivendas de promoción pública na cidade. O edil de patrimonio lembrou que o concello ten ofrecido ata cinco parcelas para construír vivendas sociais.

O director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo, explicaba onte no Parlamento que existía un acordo polo que a Xunta cedería parcelas en Monte Porreiro para zonas verdes, a cambio da cesión por parte do concello de parcelas para a construción de vivenda de promoción pública. Heriberto García sinalaba que o Concello segue sen ceder estes terreos e que non estaba a facilitar ós técnicos do IGVS o acceso para a súa valoración.

O concelleiro de patrimonio asegura que o goberno municipal segue disposto a ceder terreos para construír vivendas sociais e que non é culpa do Concello que estes proxectos non se leven a cabo.

Legísima lembrou que existen dous borradores do convenio polo que se trocarían os terreos, un do 2010 e outro do 2014, no que figuran as parcelas que se cederían. No último texto ó respecto fálase da cesión dun terreo de 3.220 metros cadrados en Valdecorvos e outro de 5.846 metros cadrados en Tafisa. Anteriormente falárase dunha parcela en Campo de Boi, que foi posteriormente desbotada e sustituida por una parcela en A Parda e outra xunto a igrexa de Virxe do Camiño, aínda que recoñece que esta última puidera ser demasiado pequena para destinala á edificación.

O concelleiro indicou que a xefa do servizo de patrimonio remitirá un escrito á Xunta para refrescarlles a memoria e lembrarlles o recollido no convenio do 2014 que non se chegou a asinar.