A Xunta destina 32 millóns á Tarxeta Benvida que incorpora melloras neste 2021

LOUSAME> A Conselleira de Política Social presentou en Lousame as novidades da Tarxeta Benvida neste 2021. Entre elas, a aplicación dun complemento para familias numerosas ou aquelas que residan en concellos de menos de cinco mil habitantes.

A Xunta de Galicia segue a promover novas medidas para incentivar a natalidade na comunidade. Unha delas é a tarxeta benvida que este ano contará cun orzamento de máis de 32 millóns de euros para que as familias poidan facer fronte a unha serie de gastos nos primeiros anos de vida dos fillas. Neste 2021, a tarxeta incorpora importantes novidades como a aplicación de complementos ás familias que residan en municipios de menos de 5000, ás familias numerosas e se ampliará o cobro da tarxeta ata os 4 anos para as familias con menos recursos.

Esta orde, que hoxe mesmo se publica no DOG, supón unha máis das numerosas medidas de apoio á conciliación que promoveu Política Social como, por exemplo, a gratuidade das escolas infantís para segundos fillos e sucesivos. Precisamente, a alcaldesa de Lousame destacou a importancia destas axudas e servizos para evitar a caída demográfica no rural.

Todas estas medidas están incluídas na Lei de Impulso Demográfico que se debaterá a próxima semana no Parlamento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí