Portos mellora o calado da dársena de Porto do Son

    PORTO DO SON> Portos de Galicia continúa coas obras de acondicionamento e reordenación da dársena portuaria de Porto do Son. Unha das últimas actuacións que se está a realizar é o dragado da entrada ó propio peirao coa finalidade de gañar maior calado para os barcos. Dende hai varias semanas, unha draga está a traballar na retirada dos restos de pedra e sedimento dos fondos na entrada da dársena portuaria de Porto do Son. A finalidade destas obras, incluídas no proxecto de ampliación e reordenación do peirao sonense que está a levar a cabo a consellería do Mar, a través do ente Portos de Galicia, non é outra que mellorar o actual calado de entrada ó porto. A actuación continuará posteriormente coa instalación dos novos pantaláns e a reordenación da propia dársena, separando as embarcacións profesionais das da sétima lista.