PORTO DO SON> Os cerqueiros galegos volveron a pasada noite a capturar sardiña. Nesta apertura de campaña constataron a escaseza da especie nun mes que, tradicionalmente, non é bo para este peixe. Confían en que a situación mellore da cara ó verán aínda que son conscientes da necesidade de recuperación do caladoiro. Non houbo sorpresas e a apertura da campaña da sardiña para os cerqueiros galegos non deparou grandes capturas nin prezos. Sen ben é certo que o recurso escasea, polo que está en marcha un plan de recuperación da especie, tamén o é que o mes de marzo non é especialmente bo para a sardiña que debe agardar a meses máis cálidos. Conscientes da necesidade de recuperación da sardiña, os cerqueiros galego asumen a escaseza de cota fixada en catorce mil toneladas a repartir con Portugal. Sen embargo, consideran que a administración debería traballar para incrementar as cotas doutras especies como a xarda ou o xurelo, para o que piden un cupo de seis mil quilos diarios.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









