Suspendido de novo o xuízo contra 10 arousáns por narcotráfico

PONTEVEDRA> Suspendido por terceira vez o xuízo por narcotráfico contra dez arousáns entre os que se encontra Víctor Manuel García Paz, o coñecido como “Vitriño”. A renuncia do avogado dos dous presuntos cabecillas da trama, o famoso penalista José Luís Gutiérrez Aranguren, alegando non ter tempo para preparalo xuízo forzou o adiamento da vista que da 48 horas aos acusados para atopar un novo letrado defensor.

A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra pospuxo unha vez máis o xuízo contra un grupo de arousáns acusados dun delito de tráfico de drogas tras unha investigación policial en 2009. A vista foi suspendida xa en dúas ocasións, a primeira data de xaneiro de 2014, e hoxe tivo lugar unha terceira debido á renuncia do avogado defensor dos dous presuntos líderes da trama, Juan Miguel e José Luís. O encargado da súa defensa era o coñecido penalista José Luís Gutiérrez Aranguren quen afirmaba non ter tido tempo para preparar a mesma e que polo tanto renunciaba a exercela; o que obrigou ao maxistrado a suspender a vista e dar un prazo de 48 horas aos acusados para encontrar un novo letrado.

Os avogados do resto das partes solicitaron nas cuestións previas a libre absolución dalgún dos acusados, a nulidade das probas biolóxicas, dos resultados dos rexistros ou das escoitas telefónicas, pero todas foron rexeitadas pola fiscalía.

Segundo recolle o escrito de acusación, o coñecido como “Juanjo” desenvolvía unha intensa actividade de venda de cocaína e heroína e facíao coa colaboración activa do seu irmáo. Vitriño estaba segundo o auto intimamente relacionado con eles para o tráfico ilícito de drogas.

O fiscal solicita para os acusados penas de cárcere que van entre os catro anos e medio e os nove.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/01/xuizo_drogas_vitrino.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/01/xuizo_drogas_vitrino.mp4{/flowplayer}